Os/as atletas que desexen pertencer ó Club OURENSE ATLETISMO – ACADEMIA POSTAL, deberán observar a seguinte NORMATIVA.
Se establece unha Comisión Técnica, coa finalidade de estudiar as necesidades do Club, así como as solicitudes de incorporación de novos atletas, que resolverá sobre a conveniencia ou non de facilitar as novas incorporacións, ou a súa necesidade para alcanzar os obxectivos previstos polo Club.
COMPROMISOS DOS ATLETAS
Artigo 1. 1.1. Os novos atletas que fichen polo Club deberán pagar OBRIGATORIAMENTE o importe completo da súa licencia (cuota federativa e seguro médico).
1.2. No caso de renovacións de licencias, o Club renovará a aqueles atletas que así o confirmasen coa suficiente antelación respecto da data estipulada pola RFEA. Os atletas que durante unha tempada non compitan ou non o fagan en competicións federadas non serán renovados inicialmente. Se estes atletas desexan renovar a súa licencia, deberán comunica-lo persoalmente a algún responsable do Club, que se reserva o dereito de, no seu caso, tramitar licencia autonómica ou solicitar ó atleta o importe da mesma. Aqueles atletas que, unha vez finalizado o prazo de renovación de licencias, solicitasen renova-la súa, deberán pagar o importe íntegro da mesma.
Asimesmo, os atletas que desexen cambiar de Club deberán informar cunha antelación mínima de 10 días ó de finalización do prazo establecido pola RFEA cada tempada. En caso de non facelo, ou non avisar coa suficiente antelación, poderán ser sancionados coa perda dunha porcentaxe dos premios acadados durante a tempada que finaliza.
1.3. Coa finalidade de axudar no financiamento do Club, e con elo mellorar o nivel de prestacións que este pode ofertar ós seus atletas, se establece unha Cuota de Pertenza ó Club para tódolos atletas fichados polo mesmo, por un importe de 10,00 euros, que os atletas deberán facer efectiva previamente á data límite de fichaxe ou renovación de licencias.
Coa mesma finalidade, se establece a figura do Socio do Club, co obxectivo de garantir a continuidade deste. A cuota mínima se establece en 20,00 euros por tempada (ambas cantidades poderán ser actualizadas en caso de necesidade), e deberá ser aboada dentro do prazo que se estableza polo Club, e que se anunciará pertinentemente. Os atletas que desexen ter a consideración de Socios do Club deberán abonar a diferenza entre ambas cuotas.
Por último, para aquelas outras persoas, entidades ou empresas interesadas en ofrecer o seu apoio ó club, se crea a figura do Socio Colaborador do Club, para quen non se fixa unha cuota concreta.
Artigo 2. Os atletas están obrigados a acudir ó chamamento do Club a tódalas competicións por equipos ás que sexan requiridos. No caso de non acudir ás mesmas, poderán ser sancionados na forma establecida neste Regulamento e na Normativa de Réxime Interna. O non acudir ó chamamento para disputar unha xornada de Liga de Clubs sen causa debidamente xustificada, implica a perda total de premios para o atleta.
Artigo 3. Os atletas están obrigados a vestir a indumentaria oficial do Club en tódalas competicións ás que asistan, incluídas as carreiras populares e, sobre todo, nas cerimonias de entrega de premios. En caso contrario, poderán ser sancionados na forma establecida neste Regulamento e na Normativa de Réxime Interna.
Artigo 4. Os atletas ou os seus adestradores deberán confirmar á persoa encargada (ver artigo 5), coa suficiente antelación, a súa inscrición para tomar parte nunha competición oficial ou Campionato, e confirmar a súa participación con 48 horas de antelación, a efectos de programación de viaxes. En caso de non confirmar a súa participación, ou de non participar unha vez confirmado, o atleta se fará cargo da multa correspondente. No caso de que o atleta ou o seu adestrador non informen ó responsable do Club sobre a súa inscrición nunha competición, o atleta NON SERÁ INSCRITO.
A través da páxina web do Club, se facilitará un formulario a través do que os propios atletas ou adestradores poden facer chegar á persoa encargada a súa inscrición nunha competición oficial.
Artigo 5. 5.1. Os atletas ou os seus adestradores están obrigados a comunicar ó Club EN TODO CASO a súa actuación nas competicións ás que asistan. Esta comunicación será realizada preferentemente a través de correo electrónico, ou a través de calquera persoa vinculada á Xunta Directiva:
· INSCRIPCIÓNS Carlos Quiroga González E-mail: carlosquiroga @ ourenseatletismo.com
ourenseatletismo @ ourenseatletismo.com
· ACTUACIÓNS Ignacio Rego Tesouro E-mail: nachorego @ ourenseatletismo.com
ourenseatletismo @ ourenseatletismo.com
5.2. Cando os atletas se inscriban a algunha proba sen que o Club formalice a conseguinte inscrición, deberán obrigatoriamente indicar con claridade o nome do Club ó que representan. De non facelo así, poderá ser motivo de sanción por parte deste.
COMPROMISOS DO CLUB
Artigo 6. Os atletas terán dereito a camiseta e pantalón de competición do Club. Terán dereito a chándal os que cumpran algún dos requisitos seguintes:
· Cando participasen, con marca mínima, nun Campionato Galego ou Nacional
· Cando puntuasen nunha competición de Liga de Clubs
· Cando competisen nun mínimo de 6 xornadas oficiais
O material será renovado, salvo en casos excepcionais, cada dúas tempadas. Aqueles atletas que sufran a perda do material do Club poderán solicitar unha nova equipación, previo abono do importe da mesma (ou dunha parte).
O Club se reserva a facultade de facilitar ós atletas outro tipo de material, en caso de dispoñibilidade (de adestramento ou competición), baixo demanda destes, e/ou previo pago dunha porcentaxe do prezo do mesmo.
Artigo 7. 7.1. O Club correrá cos gastos orixinados por unha competición referida a Campionatos Oficiais, salvo o disposto no artigo 9. Tamén nos casos previamente autorizados (competicións non oficiais), previo informe da Dirección Técnica, sempre que sexan solicitados cunha antelación mínima de UNHA SEMANA. No caso dos Campionatos Nacionais para atletas Veteráns o Club cubrirá exclusivamente os gastos de aloxamento e manutención, quedando excluídos os gastos de desprazamento. Os Campionatos Internacionais de Veteráns quedan excluídos da presente normativa (o Club poderá estudiar a concesión unha axuda económica neste aspecto).
7.2. O Club non pagará ningún tipo de inscrición para ningunha proba.
Artigo 8. 8.1. Se establecen as seguintes Dietas:
· Dietas de manutención (con factura ou tique):
o Almorzo ........................... 3 euros (Cto. Galego) .............. 3 euros (Cto. de España)
o Xantar ou Cea .................. 11 euros (Cto. Galego) ............ 15 euros (Cto. de España)
· Dietas por desprazamento (en coche particular) dentro da Comunidade Autónoma:
o Coche con 3 ou máis atletas .................................... 0,15 euros por quilómetro
o Coche con menos de 3 atletas .................................. 0,10 euros por quilómetro
8.2. No caso de desprazamentos realizados fóra da Comunidade Autónoma, as solicitudes de dietas por desprazamento serán previamente estudiadas pola Comisión Técnica. Non se aboarán dietas por desprazamento para competicións que se celebren a menos de 25 km da residencia do atleta. As dietas de desprazamento inclúen tódolos gastos orixinados polo mesmo (combustible / autoestrada / …).
Artigo 9. Cando o Club programe un desprazamento de forma conxunta, non se autorizarán viaxes en coche particular, salvo en casos excepcionais, debidamente xustificados con anterioridade. No caso de efectuarse viaxes en automóbil sen coñecemento do Club ou sen que este sexa avisado, non se pagarán os desprazamentos.
Artigo 10. Os atletas poderán solicitar ó Club o modelo de impreso de XUSTIFICACIÓN DE GASTOS, que deberá ser cuberto por toda persoa que pretenda o reembolso de gastos por parte do Club. Ó dorso do mesmo figuran os requisitos necesarios que os atletas deberán cumprir para solicitar o citado reembolso. O mencionado impreso deberá ser remitido ó Club SEMPRE dentro dos dez (10) días seguintes ó da celebración do evento. Os xustificantes que deberán acompañar a este impreso (facturas ou tiques) deberán ser presentados ó seguinte nome, e cos datos seguintes:
Club Ourense Atletismo – Academia Postal
CIF: G – 32.614.379
Rúa Pardo de Cela, 2 (32002 – OURENSE)
Os datos do establecemento que deberán figurar nas facturas son os seguintes:
· Nome do establecemento, domicilio e NIF ou CIF
· Nº de factura e data da mesma
· Importe da factura + IVE
Este impreso tamén se pode atopar na páxina web do Club.
RÉXIME DISCIPLINARIA E SANCIÓNS
Artigo 11. Na Normativa de Réxime Interna se establece unha Comisión Disciplinaria, integrada por un representante da Xunta Directiva, un representante dos Adestradores e un representante dos Atletas, que se encargará de avaliar o cumprimento do presente Regulamento por parte de todos os que integran o Club.
Artigo 12. Na citada Normativa de Réxime Interna se establecen, asimesmo, os trámites a seguir por parte do Club e o atleta no caso de comisión dunha falta disciplinaria, tendo en conta que o atleta será informado sempre por escrito, e que poderá dirixirse ó Club na súa defensa, previamente á imposición da sanción correspondente.
Artigo 13. Os motivos de sanción, así como as sancións que poden ser impostas pola Comisión Disciplinaria se contemplan na Normativa de Réxime Interna. Serán consideradas como faltas disciplinarias, entre outras, as seguintes:
· Non vestir a indumentaria oficial do Club nas Competicións Oficiais, Carreiras Populares e cerimonias de entrega de trofeos.
· Non inscribirse co nome do Club en probas nas que este non formalice as inscricións.
· Non acudir ó chamamento do Club para participar nunha competición por equipos (salvo nos casos debidamente xustificados, e con antelación suficiente para solventa-la súa baixa).
· Outros motivos especificados na Normativa de Réxime Interna.
As sancións que poden ser impostas pola comisión dunha falta disciplinaria son as seguintes:
· Apercibimento por escrito.
· Non autorización por parte do Club para participar en Campionatos Oficiais.
· Perda do dereito a percibir Premios do Club.
· Baixa do Club.
PREMIOS
Artigo 14. Os premios establecidos neste apartado están suxeitos ás condicións establecidas nos artigos seguintes. Para poder acceder ós premios deste apartado os atletas deberán suxeitarse ó establecido nesta Normativa.
As competicións susceptibles de premio serán unicamente as competicións Federadas celebradas ó amparo da RFEA ou a IAAF (por tanto, quedan excluídas todas aquelas competicións de carácter escolar, as celebradas ó amparo do Consello Superior de Deportes, ou competicións de carácter universitario), a excepción da competición Cadete de Campo a Través, que non se celebra con carácter federado, e que por tal motivo si queda incluída nesta sección.
Artigo 15. Se establecen as seguintes categorías de premios:
· Premios por vencer en Probas Populares (artigo 16)
· Premios por participación nas Ligas de Clubs (artigo 17)
· Premios por Campionatos por equipos (artigo 18)
· Premios por postos acadados en Campionatos Galegos ou Nacionais (artigo 19)
· Premios por Baremo de Marcas (artigo 20)
· Premios por acudir a Campionatos coa Selección Española (artigo 21)
Artigo 16. Se establece un Premio para o atleta que resulte vencedor da categoría Absoluta nunha Carreira Popular celebrada dentro da provincia de Ourense, sempre e cando competise coa equipaxe oficial do Club. As probas que se terán en conta para este premio, ademais das organizados polo propio Club, son as que se relacionan a continuación:
· Carreira Popular do San Martiño
· Carreira Popular de San Cibrao das Viñas
· Carreira Popular de Xinzo de Limia
· Carreira Popular de Castrelo de Miño
· Carreira Popular de Seixalvo
· Carreira Popular de A Merca
· Carreira Popular de Leiro
· Carreira Popular de Celanova
· Carreira Popular de O Carballiño
Artigo 17. 17.1. No que se refire ó Campionato de España de Clubs, os atletas participantes optarán a dúas modalidades de premio, unha modalidade fixa e outra variable. A cantidade fixa se establece por atleta e xornada polo feito de acudir ó chamamento do Club. A segunda cantidade variará segundo os obxectivos e categoría na que se participe, e se repartirá de forma proporcional ó número total de puntos aportados polo atleta ó longo de tódalas xornadas de competición:
17.2. División de Honra. Nesta categoría, os atletas que participen nas diferentes xornadas se repartirán unhas cantidades determinadas polos seguintes conceptos (NON ACUMULATIVOS), segundo o establecido no artigo 17.1:
· Por participación na categoría
· No caso de manter a categoría no transcurso da última xornada
· No caso de manter a categoría no transcurso da segunda xornada
· No caso de manter a categoría no transcurso da primeira xornada
17.3. Primeira División. Nesta categoría, os atletas que participen nas diferentes xornadas se repartirán unhas cantidades determinadas polos seguintes conceptos (NON ACUMULATIVOS), segundo o establecido no artigo 17.1:
· No caso de manter a categoría no transcurso da última xornada
· No caso de manter a categoría no transcurso da segunda xornada
· No caso de acadar o ascenso de categoría
Artigo 18. Se establece un premio para os atletas que formen parte dos equipos que participen nos distintos Campionatos de Clubs de Campo a Través ou de Pista ó Aire Libre. As contías dos premios no caso de acadar o título de Campión Galego por equipos serán distintas segundo a categoría do campionato:
· Campionato Galego Absoluto de Campo a Través
· Campionato Galego Absoluto ó Aire Libre
· Campionato Galego Absoluto de relevos
· Campionatos Galegos de Campo a Través Promesa, Iunior, Xuvenil, Cadete
· Campionatos Galegos ó Aire Libre Iunior, Cadete
No caso dos Campionatos de Pista ó Aire Libre, o atleta que realice unha segunda proba acadará por esta o 50% do premio establecido anteriormente.
As actuacións dos distintos equipos no Campionato de España de Clubs de Campo a Través serán premiadas da seguinte forma, segundo o posto acadado na competición:
a. Postos 1º - 2º - 3º no Campionato de España
b. Postos 4º - 5º - 6º no Campionato de España
No caso dos Campionatos de España por Equipos de Pista ó Aire Libre en categorías Iunior e Cadete, no caso de acadar o 1º, 2º ou 3º posto no mesmo, os integrantes do equipo acadarán un premio económico a repartir entre tódolos compoñentes do equipo segundo os puntos conseguidos.
Para optar a estes premios é obrigatorio que o atleta puntúe para o equipo na súa proba correspondente. No caso do Campo a Través, é obrigatorio que o atleta entre en meta.
Artigo 19. No Apéndice 1 deste Regulamento se establecen as posibilidades de premios que os atletas poden conseguir por resultados individuais nos distintos Campionatos Galegos e Nacionais, tanto en Campo a Través, Ruta, Pista Cuberta, e ó Aire Libre. No caso da Pista Cuberta, só se terán en conta os postos de finalistas.
Os atletas só poderán optar a un máximo de dous premios por Campionato, independentemente do número de probas que realicen, e sempre que acreditaran a mínima de participación na proba correspondente, previamente ou no transcurso do propio Campionato. No caso dos atletas Veteráns, só e posible acadar un premio por Campionato, quedando excluídos do baremo os Campionatos Autonómicos.
No caso de competicións celebradas conxuntamente, nas que un atleta compite á vez na súa categoría e na categoría Absoluta, só se poderá cobrar o premio de maior contía (o absoluto ou o da categoría correspondente). A categoría Sénior non se considera a ningún efecto categoría separada da absoluta.
Se establece, asimesmo, un apartado separado para o Campionato Galego Absoluto de Campo a Través (Cross Longo). O Campionato Galego de Cross Curto se regula como calquera outro Campionato Galego Absoluto.
Artigo 20. Establécense os Premios por Marcas segundo o Baremo especificado no Apéndice 1 deste Regulamento, coas seguintes particularidades:
1. Os premios establecidos no Baremo se dividen en catro niveis,:
a. Nivel I c. Nivel III
b. Nivel II d. Nivel IV
2. Se poderá optar a premios superiores ós establecidos nos citados Niveis valorándose a consecución de dúas marcas de Baremo, en probas distintas, e unicamente en probas pertencentes ó programa oficial da RFEA para a Liga de Clubs:
a. Dúas marcas do Nivel II
b. Unha marca do Nivel II e outra do Nivel III
c. Dúas marcas do Nivel III
d. Unha marca do Nivel III e outra do Nivel IV
e. Dúas marcas do Nivel IV
3. Serán válidas tanto as marcas logradas ó Aire Libre como en Pista Cuberta. Ademais, deberán realizarse nunha competición oficial con programa previo. Non se terán en conta os resultados obtidos en probas especificamente programadas para lograr as referidas marcas.
4. As marcas de 100 m.l., 200 m.l., 100 m.v. e 110 m.v. deberán ser acreditadas con vento legal e cronometraxe eléctrica. O requisito da cronometraxe eléctrica tamén será esixido nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. en Pista Cuberta. No caso de tempos manuais, se lles aplicará unha corrección de +0.40 segundos. No caso dos 400 m.l. e 400 m.v. a corrección aplicada será de +0.20 segundos.
Artigo 21. Establécese o seguinte baremo para premiar a mellor actuación da tempada dun atleta coa Selección Española, segundo o tipo de competición de que se trate:
· Xogos Olímpicos
· Campionato do Mundo Absoluto de Campo a Través, Pista Cuberta ou Aire Libre
· Campionato Europeo Absolutos de Campo a Través, Pista Cuberta ou Aire Libre
· Copa do Mundo ou Europa de Marcha Absoluta
· Campionato Europeo Sub-23
· Campionato Europeo Iunior de Cross ou Aire Libre
· Campionato do Mundo Iunior ou Xuvenil de Cross ou Aire Libre
· Copa do Mundo ou Europa de Marcha, categoría Iunior
· Xogos do Mediterráneo
· Outros Campionatos ou Encontros Internacionais
Artigo 22. Os atletas de clubs filiais que compitan en representación do Club en calquera das competición por equipos ás que sexan convocados recibirán o premio correspondente establecido no artigo 18 en igualdade de condicións que o resto de atletas do Club. Nestas competicións poderán optar unicamente a un premio por Baremo de Marcas, por unha cantidade igual ó 50% do importe establecido no mesmo.
Artigo 23. En casos excepcionais, a Xunta Directiva estudiará os casos particulares daqueles atletas que por motivo convenientemente xustificado de enfermidade, lesión, ou situacións análogas, non puideron acadar o seu mellor nivel, ós que se lle poderá conceder unha axuda económica en contía similar á que podería ter conseguido en circunstancias normais ó longo da tempada. A decisión sobre a adxudicación desta axuda deberá ser adoptada pola Xunta Directiva por maioría absoluta.
Artigo 24. Asimesmo, a Xunta Directiva estudiará ó remate da tempada, previa petición dos atletas ou adestradores, a posibilidade de conceder de forma individualizada un premio económico extraordinario a certos atletas que acaden nas súas respectivas probas marcas consideradas “de calidade”, a xuízo da propia Xunta Directiva, que melloren as especificadas no Baremo de marcas. A decisión sobre a adxudicación deste premio deberá ser adoptada pola Xunta Directiva por maioría absoluta.
Artigo 25. O Club poderá decidir a concesión dun adianto do total ou de parte do importe dos premios que teoricamente pode conseguir un atleta ó longo da tempada en casos moi concretos e por motivos laborais, persoais ou de integración. Este adianto se poderá conceder unicamente a criterio da Xunta Directiva.
Artigo 26. Ó remate de cada tempada se remitirá ós atletas con premios do Club unha relación dos conseguidos, coa finalidade de dar a súa conformidade ou reclamar, nun prazo de 10 días a contar desde a data da notificación. Para facilitar o pago dos premios, os atletas deberán facilitar ó Club un número de conta bancaria para poder proceder á realización de transferencia bancaria.
Artigo 27. OS PREMIOS FARANSE EFECTIVOS CANDO O CLUB PERCIBA AS SUBVENCIÓNS ECONÓMICAS CORRESPONDENTES. A tal efecto, os atletas deberán facilitar ó Club un número de conta bancaria ós efectos de formalizar os pagos mediante Transferencia.
Artigo 28. Aqueles atletas que dispoñan dunha dirección de correo electrónico, poderán facilitar esta ó Club, coa finalidade de poder establecer unha comunicación rápida, directa e cómoda entre ámbalas dúas partes, así como intercambiar información que poda ser de interese para calquera membro do Club.
|
|
|
CAMPIONATOS DE ESPAÑA |
CAMPIONATOS GALEGOS |
|||||||||||||||
|
|
Absoluto |
Promesa Iunior |
Xuvenil Cadete |
Veterán |
Absoluto Cross |
Absoluto |
Promesa Iunior |
Xuvenil Cadete |
||||||||||
|
1º |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
|
|||||||||
|
2º |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
|
|||||||||
|
3º |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
* |
|
|||||||||
|
4º |
* |
* |
* |
|
* |
|
|
|
|
|||||||||
|
5º |
* |
* |
* |
|
* |
|
|
|
|
|||||||||
|
6º |
* |
* |
* |
|
* |
|
|
|
|
|||||||||
|
7º |
* |
* |
* |
|
* |
|
|
|
|
|||||||||
|
8º |
* |
* |
* |
|
* |
|
|
|
|
|||||||||
* à Postos susceptibles de premio
|
|
Nivel I |
Nivel II |
Nivel III |
Nivel IV |
||||
|
|
HOMES |
MULLERES |
HOMES |
MULLERES |
HOMES |
MULLERES |
HOMES |
MULLERES |
|
60 m. (i) |
7.15 |
8.20 |
||||||